Financiado Por:

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia foi constituída por un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade galegas, de conseguir o seu empoderamento, de reivindicar o cambio social e ofrecer servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
 
A misión da entidade é promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da vida, facendo visible a interacción dos diversos factores que condicionan a nosa autonomía e nos sitúan nunha posición con maiores niveis de discriminación.
 
Malia os avances acadados queda moito traballo por diante e precisamos unirnos e facer un fronte común, pois xa é sabido que as necesidades das voces individuais non se fan oír do mesmo xeito que unha voz de grupo forte e unida.

Ti eres o punto de partida, participa e faite oír.

ASÓCIATE!