Actuamos en Galicia coa finalidade de ofertar servizos, dirixir actividades e reivindicar dereitos para todas as mulleres con discapacidade independentemente do lugar onde residan, tendo en conta sobre todo, as necesidades específicas das mulleres residentes no rural, das mulleres con discapacidade máis severa e/ou nas que concorren circunstancias de risco ou exclusión social.

Formamos parte da Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade e participamos activamente nas comisións da muller que puxeron en marcha as organizacións impulsoras da combinación da dobre transversalidade de xénero e discapacidade.

Ao mesmo tempo, mantemos contactos coas distintas Administracións públicas para conseguir introducir o dobre enfoque da promoción da igualdade de xénero e o empoderamento da muller con discapacidade segundo as bases da Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.

A sede social da entidade está en Santiago de Compostela, rúa Dublín, nº 3 ,baixos, 15707 Santiago.

Dende o ano 2010 contamos cunha delegación na cidade de Lugo, situada en rúa da Luz, nº 4, 27002 Lugo. No 2014 contamos cunha delegación en calle Sánchez Calviño, 56-58, 15404 Ferrol.

Contacto: info@acadar.org


Teléfono. 674073092- 674139837