Entre os fins principais da asociación destacamos os seguintes:

  1. Defender a dignidade e os dereitos das mulleres con discapacidade, para o seu exercicio en condicións de igualdade real.
  2. Promover a plena integración escolar, laboral, familiar e social das mulleres con discapacidade.
  3. Defender o dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda muller con discapacidade
  4. Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.
  5. Participar na orientación, coordinación e impulso do Movemento Asociativo no que estea integrado ACADAR con criterios de solidariedade.
  6. Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da muller con discapacidade, e da discapacidade en xeral.
  7. Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á muller en todas as etapas vitais.
  8. Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas, culturais, educativas e de lecer dirixidas especificamente á muller con discapacidade.
  9. Promover e poñer en funcionamento todo tipo de programas de cooperación e desenvolvemento no exterior dirixidos ás mulleres con discapacidade ou en risco de exclusión social.
  10. Calquera outro que, de xeito directo ou indirecto, contribúa ao cumprimento da misión de ACADAR ou reinvertir no beneficio das mulleres con discapacidade.